jueves, 2 de abril de 2009

Promesas incumpridas (rehabilitación de fontes)

O único argumento e acusación esgrimido polos ex-compañeiros da xunta reitora na miña contra é que xuntos tratamos (que non é o mesmo que aprobar) de dar saída á pista de Iroite.

Hoxe toca polo tanto falar dalgunhas ideas e proxectos que tamén estudamos conxuntamente e que ao contrario que pista aberta por eles ilegalmente, no tiveron o mesmo interese por executalos.

Ideas que na maioría dos casos non só non afectaban a propiedades privadas, se non que incluso se podían facer sen necesidade de ser aprobadas pola asemblea xeral, ao dispor a xunta reitora dunha partida de 12 mil € aprobada na anterior lexislatura.

Un destes ambiciosos proxectos era rehabilitar na medida das nosas posibilidades, fontes, lavadoiros e o seu contorno. As actuacións podían ser en convenio co Concello «aínda que no seu día demostrou que non estaba pola labor», subvencións da Deputación ou da Xunta de Galicia, e algunhas de non ser moi caras, facelas con fondos da comunidade ou coa colaboración dos comuneiros e comuneiras.

A maioría das nosas fontes, por non dicir todas, están nun pésimo e lamentable estado. Nalgunhas o Concello fixo obras que mellor houbese sido que estivese quieto e parado. Todo contrario noutras parroquias, que son dignas de ver.

Na compañía do malogrado vogal «q.e.p.d» e gran amigo persoal, Manolo de Torrado de Calo, visitamos dúas fontes na súa aldea para comprobalas insitu.
Arriba a primeira co seu lavadoiro atopase a carón dunhas brañas e dende ela temos unhas impresionantes vistas do val de Nebra e a ría de Muros e Noia.

Esta outra ben rudimentaria esta a carón da pista que nos achega ata unha pequena fervenza que hai nesta aldea.

Tamén na compaña do señor Juan da Coxa, veciño de Resúa, visitamos xunto co construtor José Antonio Rodríguez, invitado polo presidente, a fonte de O´Caldeirón, situada a camiño desta aldea e A Pedra do Lobo.
O mesmo presidente encargouse de pedirlle ao construtor un proxecto, que contemplase a colocación dunha mesa de pedra e dous bancos.
Moitos tritóns teño visto de rapaz nesta fonte e xa non tan pequeno, pero agora xa non se ve ningún.

Pódese comprobar como o "enxeñeiro" que re-deseñou o lavadoiro, nunca tivo a necesidade de facer uso del. Tremenda chapuza... seguro que aínda tiveron a indecencia de pagarlle.
Non digo máis, cada un é responsable dos seus actos. A miña pregunta é ben clara, como neste caso non fixeron nada?

O tema da pista foi unha lamentable actuación máis propia dos tempos da ditadura, tanto por parte dos directivos como de Medio Rural.

No hay comentarios: